Musiquina 33mg coproduce xunto con Reencanto Produccións:![]() I Laboratorio do Festival Primavera do Cine CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL. Duración: 3 meses/ 11 sesións. Do 3 de Decembro de 2012 ao 25 de Febreiro do 2013. Todos os Luns de 18:30-20:30 ( agás 24 e 31 de decembro) Ubicación: Centro Cívico de Teis. Camino Maceiras s/n ( na subida ao Monte de A Guía) Cómo chegar en autobús urbano: C3, 10, 17 e 31 Prezo da matrícula: Modalidade normal: 120 euros os 3 meses, coa posibilidade de pago fraccionado en 3 prazos mediante domiciliación bancaria. Modalidade reducida: 90 euros os 3 meses para as socias e socios de Reencanto Produccións, para estudiantes e desempregados/as, coa posibilidade de pago fraccionado en 3 prazos mediante domiciliación bancaria. Prazo: ata o 30 de novembro. Intencionalidade: Formar ao grupo de estudantes no manexo dos conceptos teóricos e coñecimentos prácticos da realización documental. Abordaxe analitica do cine documental na historia,ate o mundo actual, as súas distintas técnicas e xeitos de representación Contidos: Teoría: 1) Orixes do cine, movimentos cinematográficos e breve historia do seu desenvolvemento, abordaremos as especificidades da linguaxe documental nas súas vertentes e subxéneros. A historia do documental, a fronteira entre o cine documental e o de ficción, e os elementos que compoñen a linguaxe do cinema en xeral e a do documental en particular. Distintos enfoques e posibilidades expresivas a utilizar na construcción, investigación e contexto do documental. O guión documental. 2) Visionado de filmografía de carácter documental. Análisis fílmico e debate intercultural (música, fotografía e diversos compoñentes do arte cinematográfico documental)3) Debates. Arte como fin, arte como medio. Diferencias entre documental e reportaxe. O cine como medio de transformación social. Cine industria ou cine independiente. O papel do cine documental na comunicación alternativa e comunitaria. A nova xeración de producción independiente. Capítulos: (Cada capítulo conlevará o visionado da filmografía pertinente dos autores elexidos e algúns máis, os capítulos son orientativos pois trataránse tamén cineastas non alineados nestas tendencias) 1) O primeiro documental. Dos Lumiére a Flaherty. 2) Anos vinte. O primeiro cine social,. O cinema de cidades. Dziga Vertov, Jean Vigo, Walter Rutman, Alberto Cavalcanti, Joris Ivens. 3) Cine en época de totalitarismos. Leni Riefenstahl. A guerra civil española. Joris Ivens. Luis Buñuel. O NO-DO. 4) A postguerra, auxe do cine antropolóxico de Jean Rouch. 5) O medio século, novas técnicas, desenvolvemento de iniciativas independentes contestatarias e de crítica á sociedade. F. Wisseman. Margot Benacerraf. 6) Os 60-70 en América Latina. O cine subversivo. O novo cinema. Tendencias e movimentos revolucionarios. Solanas, Sanjinés, Birri, Glauber Rocha, Gleyzer, Santiago Álvarez. 7) Postmodernidade no cine. Revisionismo finisecular. Baraka, Qatsy. Grandes documentalistas do fin de século, Godard, Crhis Marker, Harun Farocki, Naomy Kawase, Werner Herzog, Michael Moore, Eduardo Coutinho. 8) Os movimentos sociais no cine documental dende os 90 á actualidade. Naomy Klein, Javier Corcuera, Ángel Palacios. 9) Medios alternativos e comunitarios, nova producción independente. E outros filmes sorpresa ! Práctica: 1) Tomando un feito aleatorio, traballaremos a partir das posibilidades do mesmo para un filme documental. 2) Elementos que compoñen unha unidade de producción audiovisual. Os roles profesionais. A importancia do traballo colectivo. 3) Coñecimentos básicos do manexo da cámara e o son. Linguaxe audiovisual (distintos tipos de planos e posibilidades estéticas) co fin de facer unha análise e avaliación a partir exclusivamente da experiencia. Obtendo así un achegamento directo á práctica da realización documental. Docente: Ana Laura Pereira ( coa participación de profesores convidados) Biofilmografía Ana Laura Pereira é historiadora e cineasta de orixe galega, nacionalizada en Venezuela. Docente en cine documental durante 2 anos na República Arxentina. A súa primeira obra é o docuficción de 17min. "Interior", filmado en Mendoza, República Arxentina durante o 2007. Traballa como guionista e realizadora paralelamente aos seus labores académicos. Coordina a formación audiovisual do canal internacional TeleSUR entre o 2007 e o 2008. A partir de Xuño de 2008, entra en Venezolana de Televisión, canal para o que ten realizado numerosos reportaxes e documentais, como membro da Unidade de Investigación, apoiando o programa de investigación documental TV Foro. En xuño de 2009 filma "Éramos Invisibles", longametraxe documental coa que se fai co Gran Premio do Festival Internacional de Documentales Santiago Álvarez In Memoriam edición XI, de Cuba, así como co premio a mellor dirección. Os seus posteriores traballos documentais son: -"En Santiago: la rebeldía del encuadre" 27 min. -"Jallalla", 40 min. Filmado en Bolivia, sobre o cambio climático, gañador do Primer premio de "Comunicadores por la paz" 2011, en Venezuela. -"Wüinpala: agua para tod@s" 49 min. -"Nos vemos en Sta Inés (Crónica de una gran victoria electoral)" 33 min. -"El origen de los alimentos" 29 min. -"La Tierra Sobre-Vive" 37 min. Foi convidada polo Docu Lab en Guadalajara (México) para formar parte do panel de docencia sobre cine documental latinoamericano, no 2011. Ten sido xurado de diferentes Festivais Internacionais de cine Documental, e alumna de grandes maestros do cinema mundial coma Miguel Littin, Rosa María Oliart e Guillermo Arriaga. Actualmente prepara o seu primeiro longametraxe de ficcion "Destino Vigo" para o que gañou o beneficio do Centro Nacional Autónomo de Cinematografía en Venezuela para a escrita do guión. É socia de CIMA, asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais do estado español. E dirixe en Vigo o Festival Primavera do Cine. Máis información: www.festivalprimaveradocine.com reencantoproduccións@gmail.com primaveradocine@musiquina33mg.com Organiza: Reencanto Produccións Musiquina 33mg -- ![]() Teléfono:+34 655 683 124 begin_of_the_skype_highlighting +34 655 683 124 end_of_the_skype_highlighting Web: http://festivalprimaveradocine.com Blog: http://festivalprimaveradocine.blogspot.com |
miércoles, 21 de noviembre de 2012
I LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE, CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)