martes, 24 de mayo de 2011

Mesa redonda " SOÑOS ILUSTRADOS"


MESA REDONDA "SOÑOS ILUSTRADOS"

O xoves día 26 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, terá lugar o encontro de
ilustradores "SOÑOS ILUSTRADOS", unha mesa redonda ao redor
da Editorial Kalandraka e a súa laboura como editora nestes doce anos de
existencia.
Contaremos ca presenza dos ilustradores: David Pintor, Kiko Da
Silva, Pablo Otero, Ramón Trigo, Juán Rivas e Federico Fernández, así como
responsables da editorial.
Esta mesa redonda ten lugar no marco das actuacións programadas ao redor
da Exposición "Soños Ilustrados" que se exhibe, ata o 10 de xuño, na
nosa nova sala, Espazo EMAO.

Máis información en Biblioteca da Emao