miércoles, 13 de abril de 2011

SOÑOS ILUSTRADOS:KALANDRAKA.





Ata o 10 de xuño a mostra recolle os orixinais dunha vintena de álbumes editados por Kalandraka

10 ILUSTRADORES PARTICIPAN NA EXPOSICIÓN "SOÑOS ILUSTRADOS"

QUE SE INAUGURA ESTE VENRES NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Despois do éxito acadado coa exhibición de "Proxecto apertura", que inaugurou a nova sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo –-o "Espazo EMAO--, ábrese unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka.

O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos.
A partir deste venres, 15 de abril, e ata o 10 de xuño.
Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego. A mostra reúne, por primeira vez en Vigo, un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a dez ilustradores: Ramón Trigo, Marc Taeger, David PintorPablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva .
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia.