martes, 5 de octubre de 2010

Ven connosco a Moceando

Ola compañeiros/as:

 

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, estase programando un gran evento para amosar as actividades que realizan as asociacións xuvenís da cidade.

 

A A.X.C. Musiquina 33mg está invitada a participar e, dende o equipo de xestion, decidimos ampliar a convocatoria a todos aos membros e achegados á asociación que queran participar.

 

Algunhas das actividades que probablemente se realicen no evento:

 

-         Mini-campionato de deportes extremos: Parkour, BMX, skate, patíns,…

-         Exhibicións- formación Break dance, Graffitie, capoeira,...

-         Campionatos de roll, cartas,… roll en vivo,..

-         Concertos.

-         Zona de acampada.

 

O evento terá lugar os días 17 e 18 de de decembro, probablemente nun pavillón da cidade. As actividades non son retribuídas pero o evento terá bastante repercusión e teremos a nosa disposición o material que consideremos preciso.


Poden proporse: concertos, mostras, formación, exhibicións,...

 

Precisamos que nos digades:

 

-         Se estades interesados/as

-         Qué material presidades.

-         Tempo e horario preferible. 

 

Se non sabes o que podes qué podes aportar, anímate a colaborar connosco no stand da asociación.


O prazo para a presentación de propostas remata o mércores 6 de outubro.


Apertas.

 

Equipo de xestión.

AXC. Musiquina 33mg