martes, 2 de abril de 2019

You received invoice from DocuSign Service

 
 

 
DocuSign
Please review and sign an invoice.
Dear Receiver,

Please review this invoice
It is an electronically generated invoice notification.

This note contains a secure information. Do not share this link with anybody.

Alternative Signing Method
Visit DocuSign, click on 'Access Documents', and enter the security code: E899AAB517

About Our Service
Sign documents in just minutes. It is secure. No matter if you're at work, home or on-the-go -- DocuSign provides a professional solution for Digital Transaction .

Have questions concerning the document?
If you need to modify the document or have inquiries , reach out to the sender directly.

If you cannot see the document, visit the Help with Signing page on our support Center .
 


 

lunes, 24 de febrero de 2014

Check out Festival Primavera Do Cine

facebook

Check out Festival Primavera Do Cine


Compartiste tu correo electrónico con Festival Primavera Do Cine y ellos te han enviado esta invitación para que señales como que te gusta su página en Facebook

Festival Primavera Do Cine
Festival Primavera do Cine en Vigo
659 likes · 0 talking about this

View Page
This is Spam
Este mensaje se envió a oeufdecanard.emao@blogger.com. Si no quieres recibir estos mensajes de Facebook en el futuro, cancela tu suscripción.
Facebook, Inc., Attention: Department 415, PO Box 10005, Palo Alto, CA 94303

viernes, 8 de marzo de 2013

II LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE, COMEZA ESTE LUNS!!

II LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE: 
ESCRITURA DE GUIÓN CINEMATOGRÁFICO.

http://festivalprimaveradocine.com/2o-laboratorio-do-festival-primavera-do-cine/ficha-inscripcion-curso-guion-cinematografico/

As que estedes interesadas e interesados en participar do Laboratorio de escritura de guión cinematográfico, non vos esquenzades que comeza este luns, hai que enviar o formulario ao noso enderezo electrónico. Agardamos por vos.
Saúde e ledicia
Ana Laura

-- 
Reencanto Produccións
Tfno. 655683124

viernes, 22 de febrero de 2013

II Laboratorio Festival Primavera do Cine: Escritura de guión cinematográfico

2º LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE

ESCRITURA DE GUIÓN CINEMATOGRÁFICO


Lugar: Centro Cívico de Teis.

Horario: Luns de 18:30 a 21:00

Calendarización: entre o 11 de marzo e o 27 de maio de 2013

( exceptuando o 18 e o 25 de marzo).

Prezo: 40 euros/mes, 30 para estudantes e desempregad@s

Para inscribirse ou máis información: info@reencanto.com



A dinámica de traballo consiste na exposición duna serie de contidos teóricos que sirvan de base para a proposta de exercicios prácticos de lectura e escritura. Aqueles exercicios  de menor envergadura realizaranse durante as horas lectivas cunha duración media de dez a quince minutos.


Fóra do horario lectivo e dependendo da disposición de cada participante realizaranse tamén propostas de escritura de guión de curtametraxe. Estes exercicios poderán ser compartidos por medio do email para ser valorados durante o desenvolvemento do taller.


Os contidos teóricos serán apoiados con documentos escritos e audiovisuais.



Preténdense cumplir dous obxectivos principais:

- A aprendizaxe dos pricipais resortes estilísticos e narrativos para a escritura profesional de guións cinematográficos.




TEMARIO



1. Intodución ao guión literario.

O guión literario como ferramenta de traballo para a produción dun filme.


Tipos de guión: "guión aberto", "novela cinematográfica" e "guión de ferro".


Elementos compositivos do guión literario: sinopse, escaleta, carpeta de personaxes e tratamento das secuencias.


Función e concepción do guión técnico. Principias modelos dende o cine mudo ata o sonoro.


2. A escritura cinematográfica.

- Disposición do texto e elementos que o estruturan.


3. A longametraxe de ficción.

- A concepción da narrativa clásica: conflito principal e subtramas.

- O "personaxe" como motor da acción. O valor dos diálogos.

- As categorías de "tempo" e "espazo". O emprego da elipse.

- O "suspense" e a búsqueda do clímax. Niveis de coñecemento dos personaxes e do espectador.

- O punto de vista: narrador explícito e narrador implícito.


4. A curtametraxe de ficción.

A condensación narrativa: principias referentes literarios que definiron o relato breve moderno.

A adaptación literaria


A base narrativa das primeiras historias de ficción no cine estadounidense: o "playlet",  as persecucións e as accións paralelas.


5. Fundamentos do guión documental.

- Plantexamento do guión en base ao "tema".




DOCENTE



Alfonso Castaño Hernández.



De 1996 ao 2001 cursa a licenciatura de Filoloxía Hispánica na Universidsade de Vigo.



Nesta universidade, participa no I Congreso Internacional de Literatura Comparada coa comunicación A muller na sociedade española de posguerra: miradas literarias e fílmicas á realidade, editada en 1998.



Nos anos 2001 e 2002 desenvolve en calidade de profesor invitado dous talleres baixo o título A estructura do guión clásico de Hollywood.



Durante o curso 2001-2002 é profesor titular na EGACI (Escola Galega de Cine) impartindo a asignatura Historia do Cine Mudo.



Dende o ano 2000 ata o 2005 imparte un total de oito talleres de guión cinematográfico no Cine Club Lumière de Vigo.



En 2005 proxecta a serie de ficción Malfadado: o alén da lenda escribindo o guión de trece episodios de xénero fantástico. Esta serie foi subvencionada en calidade de preprodución polo AGADIC.



Dende o ano 2005 ata a actualidade é profesor adxunto do Programa para Maiores da Universidade de Vigo impartindo a asignatura Panorama do Cine Español dos Anos Cincuenta.



En 2012 participa no I Festival Primavera do Cine en Vigo como membro do comité de programación. Ese mesmo ano, guioniza e dirixe a longametraxe documental A Paixón de María Soliña estreada en salas cinematográficas.



No presente 2013 ultima a estrea da longametraxe documental O Meu Nome é Camba, , en calidade de guionista e director.


viernes, 30 de noviembre de 2012

DIFUNDIR, ULTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓN NO LABORATORIO DE CINE DOCUMENTAL


Último día pra inscribirse no Laboratorio de Cine Documental que se realizará este inverno en Vigo, no marco das actividades do Festival Primavera Do Cine En Vigo 
Máis info nas webs
www.primaveradocine.com
www.reencanto.com

miércoles, 21 de noviembre de 2012

I LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE, CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL

Musiquina 33mg coproduce xunto con Reencanto Produccións:




I Laboratorio do Festival Primavera do Cine
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL. 
Duración:
 3 meses/ 11 sesións. 
Do 3 de Decembro de 2012 ao 25 de Febreiro do 2013. 
Todos os Luns de 18:30-20:30 ( agás 24 e 31 de decembro)
Ubicación:
 Centro Cívico de Teis. Camino Maceiras s/n ( na subida ao Monte de A Guía)
Cómo chegar en autobús urbano:  C3, 10, 17 e 31
Prezo da matrícula:
Modalidade normal: 120 euros os 3 meses, coa posibilidade de pago fraccionado en 3
prazos mediante domiciliación bancaria. 
Modalidade reducida: 90 euros os 3 meses para as socias e socios de Reencanto
Produccións, para estudiantes e desempregados/as, coa posibilidade de pago fraccionado
en 3 prazos mediante domiciliación bancaria. 
Prazo: ata o 30 de novembro.
Intencionalidade:
 Formar ao grupo de estudantes no manexo  dos conceptos teóricos e coñecimentos
prácticos da realización documental. Abordaxe analitica do cine documental na historia,ate
o mundo actual, as súas distintas técnicas e xeitos de representación
Contidos:
Teoría:
1) Orixes  do  cine,  movimentos  cinematográficos  e  breve  historia  do  seu
desenvolvemento, abordaremos as especificidades da linguaxe documental nas
súas vertentes e subxéneros. A historia do documental, a fronteira entre o cine
documental e o de ficción, e os elementos que compoñen a linguaxe do cinema en
xeral  e  a  do  documental  en  particular.  Distintos  enfoques  e  posibilidades
expresivas a utilizar na construcción, investigación e contexto do documental. O
guión documental.
2) Visionado  de  filmografía  de  carácter  documental.  Análisis  fílmico  e  debate
intercultural (música, fotografía e diversos compoñentes do arte cinematográfico
documental)3) Debates.   Arte  como  fin,  arte  como  medio.  Diferencias  entre  documental  e
reportaxe. O cine como medio de transformación social. Cine industria ou cine
independiente.  O  papel  do  cine  documental  na  comunicación  alternativa  e
comunitaria. A nova xeración de producción independiente.
Capítulos:
(Cada capítulo conlevará o visionado da filmografía  pertinente dos autores elexidos e
algúns máis, os capítulos son orientativos pois trataránse tamén cineastas non alineados
nestas tendencias)
1) O primeiro documental. Dos Lumiére a Flaherty.
2) Anos vinte. O primeiro cine social,. O cinema de cidades. Dziga Vertov, Jean
Vigo, Walter Rutman, Alberto Cavalcanti, Joris Ivens. 
3) Cine en época de totalitarismos. Leni Riefenstahl. A guerra civil española.
Joris Ivens. Luis Buñuel. O NO-DO.
4) A postguerra, auxe do cine antropolóxico de  Jean Rouch.
5) O  medio  século,  novas  técnicas,  desenvolvemento  de  iniciativas
independentes  contestatarias  e  de  crítica  á  sociedade.  F.  Wisseman.  Margot
Benacerraf.
6) Os 60-70 en América Latina. O cine subversivo. O novo cinema. Tendencias
e movimentos revolucionarios. Solanas, Sanjinés, Birri, Glauber Rocha, Gleyzer,
Santiago Álvarez. 
7) Postmodernidade no cine. Revisionismo finisecular. Baraka, Qatsy. Grandes
documentalistas do fin de século, Godard, Crhis Marker, Harun Farocki, Naomy
Kawase, Werner Herzog, Michael Moore, Eduardo Coutinho.
8) Os  movimentos sociais no cine documental dende os 90 á actualidade.
Naomy Klein, Javier Corcuera, Ángel Palacios.
9) Medios alternativos e comunitarios, nova producción independente.
E outros filmes sorpresa !
Práctica:
1) Tomando  un  feito  aleatorio,  traballaremos  a  partir  das  posibilidades  do
mesmo para un filme documental.
2) Elementos que compoñen unha unidade de  producción audiovisual. Os
roles profesionais. A importancia do traballo colectivo.  
3) Coñecimentos básicos do manexo da cámara e o son. Linguaxe audiovisual
(distintos tipos de planos e posibilidades estéticas) co fin de facer unha análise e
avaliación a partir exclusivamente da experiencia.  Obtendo así un achegamento
directo á práctica da realización documental.
Docente:
Ana Laura Pereira ( coa participación de profesores convidados)
Biofilmografía
Ana Laura Pereira é historiadora e cineasta de orixe galega, nacionalizada en Venezuela. Docente
en cine documental durante 2 anos na República  Arxentina. A súa primeira obra é o docuficción
de 17min. "Interior", filmado en Mendoza, República  Arxentina durante o 2007. Traballa como
guionista  e  realizadora  paralelamente  aos  seus  labores  académicos.  Coordina  a  formación
audiovisual do canal internacional TeleSUR entre o 2007 e o 2008. A partir de Xuño de 2008, entra
en  Venezolana  de  Televisión,  canal  para  o  que  ten  realizado  numerosos  reportaxes  e
documentais, como membro da Unidade de Investigación, apoiando o programa de investigación
documental TV Foro. En xuño de 2009 filma "Éramos Invisibles", longametraxe documental coa
que  se  fai  co  Gran  Premio  do  Festival  Internacional  de  Documentales  Santiago  Álvarez  In
Memoriam edición XI, de Cuba, así como co premio a mellor dirección.
Os seus posteriores traballos documentais son:
-"En Santiago: la rebeldía del encuadre" 27 min.
-"Jallalla", 40 min. Filmado en Bolivia, sobre o cambio climático, gañador do Primer premio
de "Comunicadores por la paz" 2011, en Venezuela. 
-"Wüinpala: agua para tod@s" 49 min.
-"Nos vemos en Sta Inés (Crónica de una gran victoria electoral)" 33 min.
-"El origen de los alimentos" 29 min.
-"La Tierra Sobre-Vive" 37 min.
Foi convidada polo Docu Lab en Guadalajara (México) para formar parte do panel de docencia
sobre  cine  documental  latinoamericano,  no  2011.  Ten  sido  xurado  de  diferentes  Festivais
Internacionais de cine Documental, e alumna de grandes maestros do cinema mundial coma
Miguel  Littin,  Rosa  María  Oliart  e   Guillermo  Arriaga.  Actualmente  prepara  o  seu  primeiro
longametraxe  de  ficcion  "Destino  Vigo"  para  o  que  gañou  o  beneficio  do  Centro  Nacional
Autónomo de Cinematografía en Venezuela para a escrita do guión. É socia de CIMA, asociación
de mulleres cineastas e de medios audiovisuais do estado español. E dirixe en Vigo o Festival
Primavera do Cine.

Máis información: 

www.festivalprimaveradocine.com

reencantoproduccións@gmail.com

primaveradocine@musiquina33mg.com

Organiza: 
Reencanto Produccións  
Musiquina 33mg


-- 


Teléfono:+34 655 683 124 begin_of_the_skype_highlighting            +34 655 683 124      end_of_the_skype_highlighting
Web: http://festivalprimaveradocine.com
Blog: http://festivalprimaveradocine.blogspot.com    
Facebook

lunes, 4 de junio de 2012

NOTA DE PRENSA PALMARÉS DO FESTIVAL


Boas, adxuntamos a nota de prensa sobre a exitosa gala do FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE,  que tivo lugar esta fin de semana en Vigo, as fotos non teñen moita calidade porque aínda non recibimos as do fotógrafo. Tamén lle sumamos a transcripción do discurso final que deu a nosa compañeira Ana Laura Pereira Se podedes difundir e publicar agradeceríamos, saúdos
Organización do Festival


-- 


Teléfono:+34 655 683 124
Web: http://festivalprimaveradocine.com
Blog: http://festivalprimaveradocine.blogspot.com    
Facebook



viernes, 1 de junio de 2012

2 últimos días do FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE


Ola:


Hoxe e mañán son os dous últimos días para disfrutar do cine galego que non podemos ver nas salas do noso pais copadas polo cine comercial extranxeiro. Longametraxes e cortometraxes recoñecidas internacionalmente e descoñecidas en Galicia. Cine pagado cos nosos impostos que logo non atopa posibilidades de distribución.

Hoxe ás 18:00, 22:00 e 22:30 no auditorio do Concello de Vigo.
Hoxe ás 23:00 en La Fiesta de los Maniquies, zona Churruca.

Mañán, sábado ás 18:00 proxección sorpresa e gala de entrada de premios no auditorio do Concello de Vigo.
Mañán ás 22:30 festa de peche do Festival na Sala Mondo.

Todo polo módico prezo de 2€ proxeccións e festas, e 3 € a proxección + gala!

Unha forte aperta!!

Adxuntamos a axenda do Festival Primaverda do Cine en Vigo.

www.festivalprimaveradocine.com


martes, 8 de mayo de 2012

Queres ser voluntario/a do FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE?


Queres ser voluntario/a do Festival Primavera do Cine?

Colaborar con nós na difusión da publicidade e na loxística das proxeccións?

Resposta a este mail enviando os teus datos.

Agardámoste.


Unha forte aperta!

David Esperón.
Coordinación Loxística.