miércoles, 19 de mayo de 2010

Musiquina 33mg needs you, friend!!

Musiquina 33mg e unha asociación xuvenil formada por artistas e traballadores do social. Desexamos intervir no noso entorno, a través da difusión da arte e a cultura como fonte de integración social e desenrolo persoal.

 

Cremos na posibilidade de cambio das persoas, na oportunidade constante de mellora, na auto-produción e na autoxestión.

 

Por motivos de idade vémonos na obriga de renovar a Xunta Directiva de Musiquina 33mg. Por este motivo, queremos invitarte a colaborar con nos. 

 

Nos tempos que corren temos que asumir a responsabilidade de sacar adiante os nosos proxectos artísticos ou persoais, porque se non o facemos, ninguén o fará por nos.  

 

Se tes entre 18 e 29 anos e queres colaborar, so tes que respostar este mail,...

 

Apertas !!

 

 

PD: Informámosvos que hai convocadas axudas para grupos informais de rapaces (non por medio das asociacións). Se vos xuntades 5 rapaces entre 18 e 29 anos podedes optar a unha subvención que esta moi ben. Financian o 80 % do proxecto e vos poderiamos votar unha man para sacar adiante o proxecto.

 

Mais info:

http://www.socialia.org/portal/site/WINS003/menuitem.03cef1e086fe7944fd4fa96051d001ca/?vgnextoid=eb10356400788210VgnVCM100000140d10acRCRD&vgnextfmt=default