viernes, 22 de febrero de 2013

II Laboratorio Festival Primavera do Cine: Escritura de guión cinematográfico

2º LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE

ESCRITURA DE GUIÓN CINEMATOGRÁFICO


Lugar: Centro Cívico de Teis.

Horario: Luns de 18:30 a 21:00

Calendarización: entre o 11 de marzo e o 27 de maio de 2013

( exceptuando o 18 e o 25 de marzo).

Prezo: 40 euros/mes, 30 para estudantes e desempregad@s

Para inscribirse ou máis información: info@reencanto.com



A dinámica de traballo consiste na exposición duna serie de contidos teóricos que sirvan de base para a proposta de exercicios prácticos de lectura e escritura. Aqueles exercicios  de menor envergadura realizaranse durante as horas lectivas cunha duración media de dez a quince minutos.


Fóra do horario lectivo e dependendo da disposición de cada participante realizaranse tamén propostas de escritura de guión de curtametraxe. Estes exercicios poderán ser compartidos por medio do email para ser valorados durante o desenvolvemento do taller.


Os contidos teóricos serán apoiados con documentos escritos e audiovisuais.



Preténdense cumplir dous obxectivos principais:

- A aprendizaxe dos pricipais resortes estilísticos e narrativos para a escritura profesional de guións cinematográficos.




TEMARIO



1. Intodución ao guión literario.

O guión literario como ferramenta de traballo para a produción dun filme.


Tipos de guión: "guión aberto", "novela cinematográfica" e "guión de ferro".


Elementos compositivos do guión literario: sinopse, escaleta, carpeta de personaxes e tratamento das secuencias.


Función e concepción do guión técnico. Principias modelos dende o cine mudo ata o sonoro.


2. A escritura cinematográfica.

- Disposición do texto e elementos que o estruturan.


3. A longametraxe de ficción.

- A concepción da narrativa clásica: conflito principal e subtramas.

- O "personaxe" como motor da acción. O valor dos diálogos.

- As categorías de "tempo" e "espazo". O emprego da elipse.

- O "suspense" e a búsqueda do clímax. Niveis de coñecemento dos personaxes e do espectador.

- O punto de vista: narrador explícito e narrador implícito.


4. A curtametraxe de ficción.

A condensación narrativa: principias referentes literarios que definiron o relato breve moderno.

A adaptación literaria


A base narrativa das primeiras historias de ficción no cine estadounidense: o "playlet",  as persecucións e as accións paralelas.


5. Fundamentos do guión documental.

- Plantexamento do guión en base ao "tema".




DOCENTE



Alfonso Castaño Hernández.



De 1996 ao 2001 cursa a licenciatura de Filoloxía Hispánica na Universidsade de Vigo.



Nesta universidade, participa no I Congreso Internacional de Literatura Comparada coa comunicación A muller na sociedade española de posguerra: miradas literarias e fílmicas á realidade, editada en 1998.



Nos anos 2001 e 2002 desenvolve en calidade de profesor invitado dous talleres baixo o título A estructura do guión clásico de Hollywood.



Durante o curso 2001-2002 é profesor titular na EGACI (Escola Galega de Cine) impartindo a asignatura Historia do Cine Mudo.



Dende o ano 2000 ata o 2005 imparte un total de oito talleres de guión cinematográfico no Cine Club Lumière de Vigo.



En 2005 proxecta a serie de ficción Malfadado: o alén da lenda escribindo o guión de trece episodios de xénero fantástico. Esta serie foi subvencionada en calidade de preprodución polo AGADIC.



Dende o ano 2005 ata a actualidade é profesor adxunto do Programa para Maiores da Universidade de Vigo impartindo a asignatura Panorama do Cine Español dos Anos Cincuenta.



En 2012 participa no I Festival Primavera do Cine en Vigo como membro do comité de programación. Ese mesmo ano, guioniza e dirixe a longametraxe documental A Paixón de María Soliña estreada en salas cinematográficas.



No presente 2013 ultima a estrea da longametraxe documental O Meu Nome é Camba, , en calidade de guionista e director.