sábado, 14 de abril de 2012

Festival Primavera do Cine

Musiquina 33mg colabora co Festival Primavera do Cine que se realizará entre o 30 de maio e o dous de xuño en Vigo.

No Festival Primavera do Cine poderan presentarse a concursolongametraxes, curtrametraxes e videoclips feitos en Galicia ou por galegos.

O prazo de presentración de obras finaliza o 25 de abril.Podedes consultar máis información na web do festival http://festivalprimaveradocine.com/

Musiquina 33mg.
655 683 124

Mostra de Cine Xuvenil


Musiquina 33mg organiza Mostra de Cine Xuvenil que terá lugar o 25 de maio en Vigo.

 A Mostra de Cine Xuvenil realizarase no marco do Festival Primavera do Cine e consistirá na exhibición de producións audiovisuais realizadas por mozos e mozas de entre 12 e 20 anos. A Mostra de Cine Xuvenil é unha actividade cunha finalidade educativa que pretende motivar aos mozos e mozas a formarse, coñecer e profundizar na linguaxe audiovisual.

Se tedes algunha produción audiovisual realizada nos cursos 2011/2012 ou 2010/2011 poderedes presentala para a exhibición. O prazo remata o 4 de maioe deberanse enviar o formulario de inscrición ao mail que figura nas bases e dúas copias en DVD ao apartado de correos 6068, CP 36212 Vigo. 

Comunicarase se os materiais foron seleccionados para a exhibición antes do 15 de maio. 

Tendo en conta a finalidade educativa da Mostra sería importante que os alumnos e alumnas que participaron na produción puidesen asistir á exhibición que terá lugar en horario de mañan o 25 de maio. A este respecto, os centros deberían confirmar a súa participación como máximo o 21 de maio

Ademáis da presentación colectiva das obras seleccionadas, haberá animación e a presencia de algún/ha cineasta convidado que conversará cos/as mozos e mozas participantes.

Esperamos que esta actividade sexa do voso intesese.

David Esperón.
Coordinación Mostra de Cine Xuvenil.
659 000 866.
http://festivalprimaveradocine.com/