miércoles, 21 de noviembre de 2012

I LABORATORIO DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE, CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL

Musiquina 33mg coproduce xunto con Reencanto Produccións:




I Laboratorio do Festival Primavera do Cine
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN CINE DOCUMENTAL. 
Duración:
 3 meses/ 11 sesións. 
Do 3 de Decembro de 2012 ao 25 de Febreiro do 2013. 
Todos os Luns de 18:30-20:30 ( agás 24 e 31 de decembro)
Ubicación:
 Centro Cívico de Teis. Camino Maceiras s/n ( na subida ao Monte de A Guía)
Cómo chegar en autobús urbano:  C3, 10, 17 e 31
Prezo da matrícula:
Modalidade normal: 120 euros os 3 meses, coa posibilidade de pago fraccionado en 3
prazos mediante domiciliación bancaria. 
Modalidade reducida: 90 euros os 3 meses para as socias e socios de Reencanto
Produccións, para estudiantes e desempregados/as, coa posibilidade de pago fraccionado
en 3 prazos mediante domiciliación bancaria. 
Prazo: ata o 30 de novembro.
Intencionalidade:
 Formar ao grupo de estudantes no manexo  dos conceptos teóricos e coñecimentos
prácticos da realización documental. Abordaxe analitica do cine documental na historia,ate
o mundo actual, as súas distintas técnicas e xeitos de representación
Contidos:
Teoría:
1) Orixes  do  cine,  movimentos  cinematográficos  e  breve  historia  do  seu
desenvolvemento, abordaremos as especificidades da linguaxe documental nas
súas vertentes e subxéneros. A historia do documental, a fronteira entre o cine
documental e o de ficción, e os elementos que compoñen a linguaxe do cinema en
xeral  e  a  do  documental  en  particular.  Distintos  enfoques  e  posibilidades
expresivas a utilizar na construcción, investigación e contexto do documental. O
guión documental.
2) Visionado  de  filmografía  de  carácter  documental.  Análisis  fílmico  e  debate
intercultural (música, fotografía e diversos compoñentes do arte cinematográfico
documental)3) Debates.   Arte  como  fin,  arte  como  medio.  Diferencias  entre  documental  e
reportaxe. O cine como medio de transformación social. Cine industria ou cine
independiente.  O  papel  do  cine  documental  na  comunicación  alternativa  e
comunitaria. A nova xeración de producción independiente.
Capítulos:
(Cada capítulo conlevará o visionado da filmografía  pertinente dos autores elexidos e
algúns máis, os capítulos son orientativos pois trataránse tamén cineastas non alineados
nestas tendencias)
1) O primeiro documental. Dos Lumiére a Flaherty.
2) Anos vinte. O primeiro cine social,. O cinema de cidades. Dziga Vertov, Jean
Vigo, Walter Rutman, Alberto Cavalcanti, Joris Ivens. 
3) Cine en época de totalitarismos. Leni Riefenstahl. A guerra civil española.
Joris Ivens. Luis Buñuel. O NO-DO.
4) A postguerra, auxe do cine antropolóxico de  Jean Rouch.
5) O  medio  século,  novas  técnicas,  desenvolvemento  de  iniciativas
independentes  contestatarias  e  de  crítica  á  sociedade.  F.  Wisseman.  Margot
Benacerraf.
6) Os 60-70 en América Latina. O cine subversivo. O novo cinema. Tendencias
e movimentos revolucionarios. Solanas, Sanjinés, Birri, Glauber Rocha, Gleyzer,
Santiago Álvarez. 
7) Postmodernidade no cine. Revisionismo finisecular. Baraka, Qatsy. Grandes
documentalistas do fin de século, Godard, Crhis Marker, Harun Farocki, Naomy
Kawase, Werner Herzog, Michael Moore, Eduardo Coutinho.
8) Os  movimentos sociais no cine documental dende os 90 á actualidade.
Naomy Klein, Javier Corcuera, Ángel Palacios.
9) Medios alternativos e comunitarios, nova producción independente.
E outros filmes sorpresa !
Práctica:
1) Tomando  un  feito  aleatorio,  traballaremos  a  partir  das  posibilidades  do
mesmo para un filme documental.
2) Elementos que compoñen unha unidade de  producción audiovisual. Os
roles profesionais. A importancia do traballo colectivo.  
3) Coñecimentos básicos do manexo da cámara e o son. Linguaxe audiovisual
(distintos tipos de planos e posibilidades estéticas) co fin de facer unha análise e
avaliación a partir exclusivamente da experiencia.  Obtendo así un achegamento
directo á práctica da realización documental.
Docente:
Ana Laura Pereira ( coa participación de profesores convidados)
Biofilmografía
Ana Laura Pereira é historiadora e cineasta de orixe galega, nacionalizada en Venezuela. Docente
en cine documental durante 2 anos na República  Arxentina. A súa primeira obra é o docuficción
de 17min. "Interior", filmado en Mendoza, República  Arxentina durante o 2007. Traballa como
guionista  e  realizadora  paralelamente  aos  seus  labores  académicos.  Coordina  a  formación
audiovisual do canal internacional TeleSUR entre o 2007 e o 2008. A partir de Xuño de 2008, entra
en  Venezolana  de  Televisión,  canal  para  o  que  ten  realizado  numerosos  reportaxes  e
documentais, como membro da Unidade de Investigación, apoiando o programa de investigación
documental TV Foro. En xuño de 2009 filma "Éramos Invisibles", longametraxe documental coa
que  se  fai  co  Gran  Premio  do  Festival  Internacional  de  Documentales  Santiago  Álvarez  In
Memoriam edición XI, de Cuba, así como co premio a mellor dirección.
Os seus posteriores traballos documentais son:
-"En Santiago: la rebeldía del encuadre" 27 min.
-"Jallalla", 40 min. Filmado en Bolivia, sobre o cambio climático, gañador do Primer premio
de "Comunicadores por la paz" 2011, en Venezuela. 
-"Wüinpala: agua para tod@s" 49 min.
-"Nos vemos en Sta Inés (Crónica de una gran victoria electoral)" 33 min.
-"El origen de los alimentos" 29 min.
-"La Tierra Sobre-Vive" 37 min.
Foi convidada polo Docu Lab en Guadalajara (México) para formar parte do panel de docencia
sobre  cine  documental  latinoamericano,  no  2011.  Ten  sido  xurado  de  diferentes  Festivais
Internacionais de cine Documental, e alumna de grandes maestros do cinema mundial coma
Miguel  Littin,  Rosa  María  Oliart  e   Guillermo  Arriaga.  Actualmente  prepara  o  seu  primeiro
longametraxe  de  ficcion  "Destino  Vigo"  para  o  que  gañou  o  beneficio  do  Centro  Nacional
Autónomo de Cinematografía en Venezuela para a escrita do guión. É socia de CIMA, asociación
de mulleres cineastas e de medios audiovisuais do estado español. E dirixe en Vigo o Festival
Primavera do Cine.

Máis información: 

www.festivalprimaveradocine.com

reencantoproduccións@gmail.com

primaveradocine@musiquina33mg.com

Organiza: 
Reencanto Produccións  
Musiquina 33mg


-- 


Teléfono:+34 655 683 124 begin_of_the_skype_highlighting            +34 655 683 124      end_of_the_skype_highlighting
Web: http://festivalprimaveradocine.com
Blog: http://festivalprimaveradocine.blogspot.com    
Facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DANOS TU OPINIÓN, DÍ LO QUE PIENSAS.