viernes, 17 de diciembre de 2010

Musiquina 33mg en Moceando



Esta fin de semana celébrase Moceando, unha feira de asociacións xuvenís para mostrar a cidadanía toda a oferta cultural, deportiva, formativa, e de ocio que ofertamos as entidades xuvenís.

Musiquina 33mg estará presente cun stand, realizaremos un obradoiro: "Arte Cega" (sensibilización sobre a discapacidade visual e densenrolo de capacidades sensoriais a través da arte), e nos concertos participará Mc Jako, un alumno dos cursos Hip Hop 33mg que con tan só 14 anos xa produciu varias maquetas e actuou en diferentes salas galegas e Mc Alex e Kmeanwi 100 grupo que ensaia no Estudio 33mg.

Animámosvos a participar no concurso fotográfico que se levará a cabo paralelamente á feira. Adxuntamos bases.

- Obradoiro "Arte cega". Venres de 19:30 a 20:30
- Concerto Mc Alex & Kmeanwi 100. Venres a partir das 22:00
- Proxección videos Musiquina 33mg. Venres de 23:00 a 00:00
- Concerto: Mc Jako. Sábado a partir das 17:00.
- Stand Musiquina 33mg. Venres, sábado e domingo.

Esperamos a túa presencia.

Saúdos.
    


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DANOS TU OPINIÓN, DÍ LO QUE PIENSAS.