Se tes entre 13 e 20 anos e che interesa a cultura urbana, esta é a túa oportunidade de vivir unha experiencia única. 5 sesións, 5 disciplinas: Mc, Dj, Break Dance, Graffiti, Beat Box. Hip Hop 33mg é un curso no que terás a túa disposición a profesores que son artistas profesionais das súas disciplinas. Fai anos eles comezaron sen ter idea e agora están dispostos a guiarte e acompañarte. O curso é GRATUÍTO podes inscribirte chamando ao 655 683 124 ou a través do mail curso@musiquina33mg.com (29 de novembro data límite). O curso terá lugar os días 1,2,3,4 e 9 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 h.en locais do centro de Vigo. Saúdos !! |
sábado, 20 de noviembre de 2010
Hip Hop 33mg
lunes, 8 de noviembre de 2010
Concursos e varios
| CONCURSOS: Concurso musical. "Eu coido de ti" XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.
Prazo presentación: ata o 13 de novembro. Data de resolución: 11 de decembro. Data de entrega: 19 de decembro.
Máis info: http://culturagalega.org/certamedetalle.php?id=1398
Concurso de video Poly glot Seleccionaranse 18 vídeos para que os seus realizadores asistan ao taller "Cine-Barco" de dúas semanas de duración en Turku (Finlandia), onde ademais presentarán os seus traballos. Máis info: www.turku2011.fi/en/polyglot_en
FORMACIÓN: Obradoiros de formación sobre audiovisuais Curtopia. Máis info: www.curtopia.es/ VARIOS Grupo vigués solicita batería. Influencias: Revolver, Celtas Cortos, Sabina,… Máis info: 669 654 686. Ruben |
domingo, 24 de octubre de 2010
Postponse o "Meeting point"
Postponse a celebración do encontro de artistas e entidades culturais. Manterémosvos informados. Apertas. |
viernes, 22 de octubre de 2010
Meeting point de artistas e entidades culturais.
| O próximo martes 26 no local "La Fiesta de los Maniquies" (R/ Irmandiños, 13) terá lugar un meeting point de artistas da cidade cos seguintes obxectivos: - Coñecerse artistas de diferentes disciplinas: música, teatro, artes plásticas, deseño, audiovisuais,... e persoas interesadas na arte e a cultura. - Dar a coñecer os proxectos de Musiquina 33mg e doutras entidades culturais da cidade. - Idear proxectos conxuntos, propor todas as ideas locas que podan pasarnos pola cabeza,... seguro que algunha sae adiante. :) Esperamos contar coa túa presencia sobre as 20:00. Moitas Apertas!! |
martes, 5 de octubre de 2010
Ven connosco a Moceando
Ola compañeiros/as:
Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, estase programando un gran evento para amosar as actividades que realizan as asociacións xuvenís da cidade.
A A.X.C. Musiquina 33mg está invitada a participar e, dende o equipo de xestion, decidimos ampliar a convocatoria a todos aos membros e achegados á asociación que queran participar. Algunhas das actividades que probablemente se realicen no evento:
- Mini-campionato de deportes extremos: Parkour, BMX, skate, patíns,… - Exhibicións- formación Break dance, Graffitie, capoeira,... - Campionatos de roll, cartas,… roll en vivo,.. - Concertos. - Zona de acampada.
O evento terá lugar os días 17 e 18 de de decembro, probablemente nun pavillón da cidade. As actividades non son retribuídas pero o evento terá bastante repercusión e teremos a nosa disposición o material que consideremos preciso. Poden proporse: concertos, mostras, formación, exhibicións,...
Precisamos que nos digades:
- Se estades interesados/as - Qué material presidades. - Tempo e horario preferible.
Se non sabes o que podes qué podes aportar, anímate a colaborar connosco no stand da asociación. O prazo para a presentación de propostas remata o mércores 6 de outubro. Apertas.
Equipo de xestión. AXC. Musiquina 33mg |
martes, 14 de septiembre de 2010
Concursos
Concurso de fotografía: FotoAves. Concurso de carteles y slogans contra la violencia de género. Concurso de diseño de carteles contra la violencia de género. Más info en el archivo adjunto.... Suerte artistas |
viernes, 23 de julio de 2010
Summer reunion
|
jueves, 8 de julio de 2010
FESTIVAL HIP HOP 33mg
|
miércoles, 19 de mayo de 2010
Musiquina 33mg needs you, friend!!
Musiquina 33mg e unha asociación xuvenil formada por artistas e traballadores do social. Desexamos intervir no noso entorno, a través da difusión da arte e a cultura como fonte de integración social e desenrolo persoal. Cremos na posibilidade de cambio das persoas, na oportunidade constante de mellora, na auto-produción e na autoxestión. Por motivos de idade vémonos na obriga de renovar a Xunta Directiva de Musiquina 33mg. Por este motivo, queremos invitarte a colaborar con nos. Nos tempos que corren temos que asumir a responsabilidade de sacar adiante os nosos proxectos artísticos ou persoais, porque se non o facemos, ninguén o fará por nos. Se tes entre 18 e 29 anos e queres colaborar, so tes que respostar este mail,... Apertas !! PD: Informámosvos que hai convocadas axudas para grupos informais de rapaces (non por medio das asociacións). Se vos xuntades 5 rapaces entre 18 e 29 anos podedes optar a unha subvención que esta moi ben. Financian o 80 % do proxecto e vos poderiamos votar unha man para sacar adiante o proxecto. Mais info: |
miércoles, 21 de abril de 2010
Moi interesante! Charla sobre propiedade intelectual
| Mañan xoves 22 de abril, ás 19 hrs efectuarase unha charla coloquio sobre o tema: "Propiedade intelectual" organizado pola Concellería de Xuventude do concello de vigo. Na charla falarase de toda a normativa legal relacionada, sobre todo coa musica, asi como das modalidades legais de rexistro gratuito. Impartirá a charla: Luís Rodriguez Mouro Licenciado en dereito e especializado en dereitos de autor. Data: Xoves 22 de abril. Lugar: Museo de Arte Contemporánea (C/Príncipe) Hora: 19 hrs A entrada é libre |





