Ola compañeiros/as:
Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, estase programando un gran evento para amosar as actividades que realizan as asociacións xuvenís da cidade.
A A.X.C. Musiquina 33mg está invitada a participar e, dende o equipo de xestion, decidimos ampliar a convocatoria a todos aos membros e achegados á asociación que queran participar. Algunhas das actividades que probablemente se realicen no evento:
- Mini-campionato de deportes extremos: Parkour, BMX, skate, patíns,… - Exhibicións- formación Break dance, Graffitie, capoeira,... - Campionatos de roll, cartas,… roll en vivo,.. - Concertos. - Zona de acampada.
O evento terá lugar os días 17 e 18 de de decembro, probablemente nun pavillón da cidade. As actividades non son retribuídas pero o evento terá bastante repercusión e teremos a nosa disposición o material que consideremos preciso. Poden proporse: concertos, mostras, formación, exhibicións,...
Precisamos que nos digades:
- Se estades interesados/as - Qué material presidades. - Tempo e horario preferible.
Se non sabes o que podes qué podes aportar, anímate a colaborar connosco no stand da asociación. O prazo para a presentación de propostas remata o mércores 6 de outubro. Apertas.
Equipo de xestión. AXC. Musiquina 33mg |
martes, 5 de octubre de 2010
Ven connosco a Moceando
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DANOS TU OPINIÓN, DÍ LO QUE PIENSAS.