Musiquina 33mg organiza a Mostra de Cine Xuvenil que terá lugar o 25 de maio en Vigo. A Mostra de Cine Xuvenil realizarase no marco do Festival Primavera do Cine e consistirá na exhibición de producións audiovisuais realizadas por mozos e mozas de entre 12 e 20 anos. A Mostra de Cine Xuvenil é unha actividade cunha finalidade educativa que pretende motivar aos mozos e mozas a formarse, coñecer e profundizar na linguaxe audiovisual. Se tedes algunha produción audiovisual realizada nos cursos 2011/2012 ou 2010/2011 poderedes presentala para a exhibición. O prazo remata o 4 de maioe deberanse enviar o formulario de inscrición ao mail que figura nas bases e dúas copias en DVD ao apartado de correos 6068, CP 36212 Vigo. Comunicarase se os materiais foron seleccionados para a exhibición antes do 15 de maio. Tendo en conta a finalidade educativa da Mostra sería importante que os alumnos e alumnas que participaron na produción puidesen asistir á exhibición que terá lugar en horario de mañan o 25 de maio. A este respecto, os centros deberían confirmar a súa participación como máximo o 21 de maio. Ademáis da presentación colectiva das obras seleccionadas, haberá animación e a presencia de algún/ha cineasta convidado que conversará cos/as mozos e mozas participantes. Esperamos que esta actividade sexa do voso intesese. David Esperón. Coordinación Mostra de Cine Xuvenil. 659 000 866. http://festivalprimaveradocine.com/ |
sábado, 14 de abril de 2012
Mostra de Cine Xuvenil
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
DANOS TU OPINIÓN, DÍ LO QUE PIENSAS.