viernes, 23 de mayo de 2014

Festival Primavera do Cine 2014

Festival Primavera do Cine é o festival de cine galego máis completo por categorías a concurso. Entre o 4 e o 8 de xuño, competirán longametraxes, curtametraxes, e videoclips, polos premios que decidirá o público.  

Ante as dificultades para financiar un proxecto como este, púxose en marcha unha campaña de micromecenas para que entre todos/as o fagamos posible. 

Por colaborar co Festival Primavera do Cine poderedes acceder a importantes descontos, como un 20% nas entradas, e regalos, como camisetas, bolsas para realizar gratis algún dos Laboratorios de audiovisual do Festival, ou incluso unha fin de semana nunha casa de turismo rural. Ademais, as aportacións desgravan na declaración da RENTA.

www.festivalprimaveradocine.com
http://vkm.is/primaveradocine

Queremos animarvos a asistir, porque nesta terceira edición do Festival Primavera do Cine contamos con 7 longametraxes, 14 curtametraxes, e 13 videoclips, obras entre as que cabe sinalar a presencia de películas recoñecidas internacionalmente como "El Rayo" de Fran Araujo, "O Pequeno Mago" de Roque Cameselle, ou "Dinosaurios 3 D" de Juan Beiro, que dan boa mostra da saúde do cine galego, a pesar da tráxica situación na que nos atopamos.

Este ano o Festival Primavera do Cine elixiu como tema transversal a situación de xénero no audiovisual galego. O martes 3 de xuño no salón de actos do MARCO terá lugar un coloquio con Margarita Ledo, Chelo Loureiro e Sonia Méndez que titulamos ¿Discriminación Consciente?, porque queremos afondar nas causas dunha realidade de xénero desigual e invisible no sector audiovisual.

Animarvos a vir! En todo caso, vos agradecería difundísedes esta información.

Unha forte aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DANOS TU OPINIÓN, DÍ LO QUE PIENSAS.